Ata 31 de agosto de 2020, concurso de relatos e fotografías dos concellos da provincia da Coruña
#hoxeescriboen
A biblioteca provincial da Deputación da Coruña e maila Área de Turismo desta convocan a oitava edición do seu concurso do verán HOXE ESCRIBO EN…
O prazo está aberto ata 31 de agosto de 2020.
Haise que animar a enviar relatos (entre 4 e 10 folios, nun arquivo en formato .doc, .docx ou .odt) sobre a nosa poboación xunto con fotografías dela (entre 1 e 3 fotos, en formato .jpg e de 3 MB de tamaño máximo). As fotografías teñen que ilustra-lo relato e estar localizadas no municipio da poboación da persoa concursante. Os relatos deben ser inéditos e non ser presentados antes a concurso ningún.
Anímase a que os relatos fomenten o patrimonio dos nosos concellos: pódense crear historias relacionadas coa historia local, cunha lenda da nosa poboación, cunha tradición da nosa localidade, con persoas destacadas dela, coa súa riqueza cultural ou medioambiental… calquera dos seus aspectos positivos que se queiran dar a coñecer.
A seguir, hai que envia-los relatos mailas fotografías, xunto cos datos persoais (nome e apelidos, teléfono, enderezo postal e concello dende o cal participa e en que se ambienta o seu relato), ó enderezo electrónico biblioteca.info@dacoruna.gal
Cada persoa poderá participar tódalas veces que quixer; ten que enviar cada unha das súas participacións nun correo electrónico individual.
O premio será unha noite para dúas persoas con cea, spa e almorzo incluído na mañá seguinte no parador de Muxía. A data de desfrute do premio concretarase coa persoa gañadora, quen deberá estar presente no acto de entrega do premio na biblioteca provincial da Coruña (salvo causas de forza maior).
Ademais, entre tódalas persoas participantes de cada concello realizarase un sorteo dun lote de libros e produtos da provincia da Coruña, que se lles enviarán ó enderezo postal que esas persoas indicaren cando mandaren os seus relatos e fotografías.
En setembro un xurado valorará os relatos e fotografías e ditará a resolución do premio.