Concluídas as xornadas sobre saúde e benestar cun coloquio focalizado na alimentación
O relatorio E ti que podes comer? Enfermidades emerxentes, outras formas de comer, a cargo de Marian Rodríguez Blanco, xefa de pediatría do Hospital da Barbanza, puxo na tarde deste 28 de maio o broche final ao ciclo sobre saúde e benestar que transcorreu ao longo do presente mes no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Estas xornadas foron impulsadas pola Concellaría da Sanidade, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia).