Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 27 de maio de 2021
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, xoves 27, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación das actas anteriores (17 e 29 de decembro 2020).
- Aprobación provisional de crédito extraordinario 03/21 e aprobación de subvención nominativa (Deanshop). Primeiro procedeuse a votar a retirada deste punto da orde do día por petición do PP, a cal foi denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE). A continuación, efectuouse a votación do punto que foi aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 abstencións (PP)
- Delegación de funcións. Aprobado con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
- Aprobación da ordenanza reguladora do servizo “comedor sobre rodas”. Aprobado por unanimidade
- Aprobación da ordenanza reguladora do uso do espazo Coworking. Aprobado por unanimidade
- Moción do grupo municipal do BNG relativa as peaxes das autovías galegas. Aprobada por unanimidade a inclusión da emenda presentada polo PSdeG-PSOE. Aprobada por unanimidade a moción emendada
- Moción do grupo municipal do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentábel, xusta e galega fronte ao espolio e a depredación. Aprobada con 8 votos a favor (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 5 en contra (PP)
- Moción do grupo municipal do PP sobre actuacións en paesos peonís, pasarelas de madeira e arredores das praias. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- Moción do grupo municipal do PP relativa á aprobación dun plan de axuda ó comercio o pro menos no noso Concello. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)
- Moción do grupo municipal do PP relativa á limpeza e conservación dos lavadoiros do noso municipio. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE)