
On the beat formará a mocidade na industria musical
A asociación Deloa e a Escuela de Organización Industrial (EOI), en colaboración co eixe de Estudios Mans da Fundación Paideia Galiza, botan a anda-lo programa de emprego xuvenil On the beat, o cal se desenvolverá nos meses de xullo e agosto en Padrón, O Grove e A Coruña.
Permitirá a mozas e mozos de entre 18 e 29 anos realizar unha formación práctica sobre a industria musical coa finalidade de fomenta-la súa empregabilidade no sector.
A formación grupal divídese en catro bloques: contexto, obxectivos e emprendemento; creación; marca persoal; música en directo; e música gravada. Tamén haberá titorías individuais ao longo da formación e presentación final dos proxectos.
Para participar resulta preciso estar inscrito/a no Sistema de Garantía Xuvenil. O dito programa enmárcase nun convenio cofinanciado polo Fondo Social Europeo, a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a asociación Deloa, co obxectivo de realizar formacións que fomenten o emprego xuvenil.
Máis información na páxina web https://www.deloa.es/on-the-beat/.