
Posto informativo sobre o punto limpo móbil
Posto informativo na praza do Emigrante.
Ofrécese información sobre o punto limpo móbil, ademais de resolver dúbidas ao respecto.
Esta acción atópase ao abeiro da convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021. Mediante a notificación da resolución, a Consellaría do Medio Ambiente concedeu na totalidade a contía solicitada, 18.520 euros, para a compra do punto limpo móbil, así como para a realización de campañas de divulgación e información.