O proxecto LECXIT busca persoas voluntarias para A Pobra
A Fundación Meniños implementará en varios municipios de Galicia o proxecto LECXIT que se materializará, no caso da Pobra do Caramiñal, no CEP Salustiano Rey Eiras.
O dito programa busca promover o éxito escolar a través da comprensión lectora, fomentar a xustiza social e a igualdade de oportunidades na infancia, e potenciar a participación cidadá na acción voluntaria. Con relación a este último aspecto, os voluntarios e voluntarias que se animen a participar nesta iniciativa, acompañarán aos nenos e nenas nunha actividade dunha hora semanal, en quenda de tarde, durante o curso escolar.
As persoas voluntarias recibirán unha sesión inicial de formación onde se lle transmitirá a importancia do rol do/a mentor/a, así como diferentes estratexias e recursos para traballa-la lectura. Tamén se lles facilitarán varias propostas para a formación continua do voluntariado e porase á súa disposición diverso material.
A entidade facilita dúas vías a través das cales formaliza-las inscricións: o enderezo electrónico lecxit@meninos.org e o formulario https://docs.google.com/forms/d/1E_B6gO8vKH72V2LWa4wSMFJtLIyKqtPch7IVuVnnSGQ/viewform?edit_requested=true. Máis información sobre o proxecto LECXIT nas páxinas web https://fundacionmeninos.wordpress.com/2021/06/08/2886/ e https://lecxit.cat/, así como no vídeo https://www.youtube.com/watch?v=GUKAlkRnnxI.