Final Lap 21 na Pobra do Caramiñal
A cultura urbana convértese en protagonista na Pobra na xornada deste 28 de agosto coa programación do Final Lap 21.
As actividades desenvólvense na praza Alcalde Segundo Durán.
Organizan a Concellaría da Mocidade, da cal é titular o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), e a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), co apoio da Deputación da Coruña ao abeiro do programa Mocidade Creativa.