Ata o 13 de setembro para inscribirse no programa formativo Márketing dixital, empregabilidade e cooperativismo
A Fundación Paideia Galiza, a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Deputación da Coruña achegan un novo programa formativo: Márketing dixital, empregabilidade e cooperativismo. Entre os requisitos para participar figuran ter entre 18 e 29 anos, estar en situación de desemprego e estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
A formación poderase realizar en Boiro ou As Pontes de García Rodríguez, do 17 de setembro ao 17 de decembro, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00 horas.
A dita acción formativa divídese en cinco grandes bloques: xestión de proxectos e dixitalización; márketing dixital e comunicación; UX e creación de páxinas web; empregabilidade e cooperativismo; e casos prácticos de márketing dixital e transformación dixital.
O prazo de inscrición permanece aberto ata o 13 de setembro mediante o formulario online dispoñible na seguinte ligazón: https://www.paideia.es/formacion-marketing-dixital/. Pódese solicitar máis información chamando ao 981910100 ou a través do enderezo electrónico emprendimiento@paideia.es.