
Próximo comezo dos obradoiros de conciliación e do Servizo de Madruga
A Concellaría da Igualdade e maila Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal volven ofrece-los habituais obradoiros de conciliación e o Servizo de Madruga.
Realizaranse no CEP Salustiano Rey Eiras.
Para información e inscricións débese contactar coa Concellaría dos Deportes en horario de 9.30 h a 14.30 h nos teléfonos 981 83 25 90 / 981 83 15 45 (casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler).
Inscrición aínda aberta!