Montse Fajardo presenta na Pobra a biografía de Virxinia Pereira
O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollerá no 25 de marzo, ás 20.30 horas, a presentación do libro A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira, de Montse Fajardo.
O acto contará coas intervencións da propia autora; do alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e de Xerardo Agrafoxo, en representación da A. C. Barbantia.
As prazas cubriranse pola orde de chegada ata completa-la cabida.