Marta Ojea fai introspección no seu debut literario Telegramas en cuarentena
Telegramas en cuarentena é o título do libro co que Marta Ojea debuta no panorama literario. Esta obra reflexa o día a día da autora durante o confinamento pola pandemia derivada da COVID-19; etapa que moitas persoas aproveitaron para facer introspección.
A obra presentouse na tarde do 20 de xuño nun acto que se desenvolveu no Auditorio do Museo Valle-Inclán pobrense amenizado pola Escola de Música da Pobra e que contou coas intervencións, ademais da propia escritora, da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e de Toño Maño, docente.
A edil destacou a importancia que tivo o autocoñecemento, cuestión que se aborda no libro, nunha experiencia compartida como foi a irrupción do coronavirus na vida das persoas; momento no que moita xente se parou a reflexionar e mirar ao seu mundo interior, ademais de comezar a darlle valor ás pequenas cousas cotiás. Tamén felicitou á escritora pola súa estrea na literatura e fixo fincapé na necesidade de apoiar aos/as autores/autoras noveles.