
Aviso por un episodio dun fenómeno meteorolóxico adverso por vaga de calor
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informa da ampliación a toda Galicia da situación de alerta por vaga de calor nivel 3 (vermello). A súa duración prevese ata, polo menos, o venres desta semana.
Precaucións a tomar fronte as altas temperaturas na seguinte ligazón: https://www.axega112.gal/gl/content/altas-temperaturas.