Visitas guiadas para coñece-la cultura e o patrimonio da Pobra
O Concello da Pobra do Caramiñal oferta unha serie de itinerarios guiados cos cales difundi-la cultura e o patrimonio do municipio entre a veciñanza e visitantes.
As visitas ao Museo Valle-Inclán transcorrerán nos venres ás 11.00 e 19.00 horas; unha oportunidade para coñece-la historia do inmoble e datos sobre a vida e obra do escritor Ramón del Valle-Inclán. Requírese a inscrición previa a través do 981831662 ou museo.valleinclan@apobra.gal.
Doutra banda, bríndase a posibilidade de asistir aos percorridos guiados polo patrimonio co obxectivo de redescubrir espazos e edificios como o Cantón da Leña, a praza Victoriano García Martí, a casa consistorial ou Villa Eugenia, entre outros. Estas visitas realízanse baixo demanda, polo cal hai que solicitalas por algunha das seguintes vías: 671090262, 687482835 ou turismo@apobra.gal.