Medida excepcional sobre o estacionamento na praza Alcalde Segundo Durán
Como medida excepcional, durante o que queda de mes de agosto, e con posibilidade de prorrogalo ata despois das festas do Nazareno, a praza Alcalde Segundo Durán permanecerá aberta para o seu uso como aparcadoiro, en horario de 07.00 a 15.30 horas, tódolos días da semana.
As queixas recibidas polos problemas para atopar unha praza na que estacionar son moitas e, como consecuencia diso, prodúcense estacionamentos irregulares que poden ser sancionados. Por esta razón, tomouse esta decisión. A praza polas mañás ten pouco uso, pola tarde si se emprega moito máis como espazo de lecer para os e as máis pequenas. Esta medida loxicamente suspenderase cando a praza sexa precisa para eventos que formen parte da programación do Concello ou sexan autorizados, por exemplo, o festival de bandas ou a carreira pedestre. Nese caso sinalizarase de maneira axeitada.
Importante: en ningún caso se permitirá o estacionamento fóra do período establecido, os vehículos que incumpran esta norma serán sancionados e retirados co servizo de grúa.