Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 29 de setembro de 2022
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 29 de setembro, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro Francisco Javier Otero Maceiras (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:
- Proposta de alcaldía para participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+Adicional 2/2022″ da Deputación Provincial da Coruña. Aprobada por unanimidade.
- Aprobación provisional de suplemento de crédito 02/22. Aprobada por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do PP relativa á solicitude de obradoiros duais de emprego. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á solicitude de limpeza dos ríos. Aprobada por unanimidade a emenda presentada por Nós Pobra á totalidade dos acordos da moción orixinal. Aprobada por unanimidade a moción emendada.
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, posteriormente, dar paso aos seguintes asuntos de urxencia.
- Proposta de alcaldía das datas para a determinación das festividades locais para o ano 2023. 21 de agosto, luns do Carme dos Pincheiros, e 18 de setembro, luns do Nazareno. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a proposta con 10 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e PP) e 2 abstencións (BNG).
- Moción do grupo municipal do PP contra o veto da UE á pesca de fondo. Aprobada a urxencia por unanimidade. Aprobada a proposta por unanimidade.
Finalmente, abordouse a quenda de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.