As escolas infantís da Pobra participan na actividade Pinta a Valle-Inclán
Crianzas da educación infantil da Pobra do Caramiñal participan dende o 18 de outubro e ata o día 2 de novembro na actividade Pinta a Valle-Inclán.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a técnica do Museo Valle-Inclán, Araceli Abad, desprazáronse onte ata os centros de ensino infantil da localidade para o repartimento das láminas que teñen que decora-las/-los escolares da E.E.I. Fernández Varela, do Monte Carmelo, e das unitarias do Vilariño, A Granxa e A Angustia.
Ao abeiro das XXIV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, a dita proposta consiste en colorear, debuxar ou aplicar calquera tipo de técnica plástica a unha silueta do intelectual impresa sobre papel.