Comunicado de Llega700 sobre acendido de nodo
A entidade Llega700 realizará nos próximos días a activación da rede móbil de nova xeración no municipio. O proceso consiste na implantación do 4G e 5G sobre as bandas de frecuencia de 700 e 800 MHz nos principais operadores móbiles para ofrecer unha mellora na cobertura. Tradúcese, polo tanto, nun incremento da velocidade de conexión a Internet, ademais dos servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda.
Esta prestación pode supor a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal da televisión dixital terrestre (TDT), debido a que anteriormente empregábanse as ditas bandas de frecuencia para a mesma.
De producirse algún problema na visualización das canles, habilítanse dúas vías de contacto gratuítas nas que a veciñanza pode expor a súa situación ao longo dos próximos seis meses: ayuda@llega700.es ou 900833999. Procederase así a resolve-la incidencia sen ningún tipo de custo para a cidadanía.
Información tamén dispoñible en www.llega700.es.