Instalada unha quincena de taboleiros informativos en diferentes puntos da Pobra
Nestes días procedeuse coa colocación dun total de quince taboleiros informativos repartidos pola xeografía da Pobra do Caramiñal: Rego, O Xobre, A Granxa, A Angustia, O Campiño, O Camiño Ancho ou Santo Isidro son algúns destes puntos. A estrutura consta de dous apartados: un de uso exclusivo da Administración local para notificacións e outro de libre uso por parte da cidadanía para a distribución da información que considere oportuna.
O concelleiro da Participación Veciñal, Xabier Santos (BNG), relata que se trata dunha medida na senda de fortalece-la participación e implicación do pobo na construción colectiva do concello.
A dita acción supón un investimento de 14 950’16 euros, IVE incluído, con cargo ao remanente.