O programa Roteiro bota a andar cunha ducia de participantes
As competencias prelaborais son o eixe do programa Roteiro, que promove o Concello da Pobra do Caramiñal, para achegar formación que redunde nunha mellora da empregabilidade de menores de 30 anos.
As clases comezaron no 20 de febreiro e contaron coa asistencia da concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), para sauda-la ducia de persoas participantes.
Ós luns, ata o día 15 de maio, impartiranse ferramentas para o traballo en equipo, un obradoiro de transformación positiva de conflitos, técnicas para a busca de emprego, intelixencia emocional ou coaching e mindfulness como tácticas para supera-la frustración, entre outras cuestións.