O libro Emil el rival desembarca na Pobra no 24 de marzo
O Auditorio do Museo Valle-Inclán volve ser escenario dunha cita literaria. Emilio Vázquez Fernández presentará no 24 de marzo, a partir das 20.00 horas, a obra Emil el rival, a primeira entrega dunha saga viquinga. Ambientada no século IX, narra as aventuras deste personaxe dende a temperá idade de oito anos, cando é apresado por unha frota viquinga durante unha incursión polas augas do río Volia. Xa en terras escandinavas será adoptado por un nobre e instruído para a guerra, dando así comezo á lenda deste viquingo de ollos marróns e cabeleira escura e rizada.
Durante o acto, ademais do propio autor, intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e o edil boirense Marcos Fajardo.
A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.