Mercedes Barreiro ofrece unha vertixinosa viaxe polos sentimentos en Pedazos de emoción
Unha montaña rusa de sentimentos é o que constatan as páxinas de Pedazos de emoción, o poemario de corte intimista de Mercedes Barreiro. O libro presentouse na tarde do 2 de xuño no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, onde tamén participou o director da institución museística, Antonio González.
A pobrense vai xa camiño de consagrarse no panorama literario ao contar na súa produción con obras como La seducción del ego ou Lo que tú digas, corazón.
O acto estivo, ademais, amenizado por unha actuación de baile a cargo de Estrella Tomé e un recital de poemas por Eva Fontaíña, Marián Sánchez e Tucho Soler. A homenaxe a unha amiga falecida da escritora, Beatriz Fernández de Sanmamed, incrementou as emocións a flor de pel coa lectura dunha carta e a proxección dun vídeo.