Suspéndese a sardiñada do Carme do Castelo 2023 por mor da chuvia
A comisión de festas do Carme do Castelo anuncia que se suspende a sardiñada prevista para a tarde deste venres 14 por mor da chuvia.
Os concertos desta xornada mantéñense, pois o Concello da Pobra do Caramiñal instalará un toldo na praza do Emigrante. Alí, actuarán Arrancadeira (ás 21.00 horas), As Rianxieras da Covecha (ás 21.30 horas), Os Bar Ban Sónicos (ás 22.30 horas) e Dr. Migraña & The Speedyfriends (ás 23.30 horas).