Abre o prazo de pagamento en período voluntario do IBI e do lixo do primeiro semestre de 2023
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que neste 18 de agosto abre o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre bens inmobles (IBI) e de que permanecerá aberto ata 18 de outubro do exercicio actual. O dito prazo tamén é aplicable para a taxa do lixo correspondente ao primeiro semestre deste 2023.
Recoméndase ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.