Interrupción na subministración eléctrica no 28 de setembro
No día 28 efectuaranse traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, polo cal se poden producir interrupcións na subministración de electricidade.
As zonas que se poden ver afectadas de 00.01 a 01.30 horas son: Arcebispo, Cabío, Caíños, Cercias, A Costa, A Devesa, A Laxe, O Outeiro, As Pedriñas, A Silva e Vilariño de Abaixo.
E, dende as 02.00 ata as 04.30 horas, pode afectar ás rúas Cardeal Patiño, Castelo, Díaz de Rábago, Fernández Varela, da Paz, Poeta Manuel María, Rafael Calleja, Xogo da Bola, prazas Paulino Santos Mieites e Valle-Inclán, e paseo dos Areos.