A Pobra introduce os negocios nas redes sociais mediante unha acción formativa
Saca-lo máximo proveito á presenza nas redes sociais e reduci-lo impacto medioambiental da actividade diaria: estas son as dúas premisas da acción formativa de balde dirixida a pequenas e medianas empresas (pemes), persoas autónomas e emprendedoras, que organizan A Maruxiña. Comunicación & Marketing e Anacos Sostenibilidad, coa colaboración da Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal.
Este Hub As Emprendedoriñas terá lugar no 13 de xaneiro, ás 17.30 horas, na Casa da Mocidade. Estrutúrase en emprendemento, sostibilidade, márketing e networking. O concelleiro da Mocidade, Eloy Sobrido, explica que se trata dunha das primeiras accións cara a dinamiza-lo espazo municipal neste ano; nesta ocasión, mediante a capacitación dixital de negocios, se ben afirma que a Administración local está a analiza-la viabilidade de implantar varios cursos en diferentes ámbitos nos vindeiros meses.
A actividade centrarase na creación dun feed visual para o Instagram co obxectivo de maximiza-las vendas das empresas mediante esta canle, ademais de posibilita-lo establecemento de sinerxías entre o público asistente.
Non se require a inscrición previa.