Acto de solidariedade coas familias dos gardas civís falecidos en Barbate
O Concello da Pobra do Caramiñal súmase á iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na que se convoca para o 12 de febreiro, ás 12.00 horas, unha concentración silenciosa como mostra de apoio e solidariedade coas familias dos gardas civís falecidos en acto de servicio en Barbate durante as tarefas de loita contra o narcotráfico. Tamén se pretende así recoñece-lo labor realizado polos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
O minuto de silencio terá lugar fronte á casa consistorial.