Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra
A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses, que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
Esta actividade oriéntase a crianzas con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos para que “dende idades temperás se vaian familiarizando co inglés a través de contos. Deste xeito, xa van captando conceptos básicos e relacionándoos con situacións das historias que se van narrar”, explica a edil Patricia Lojo.
As inscricións de balde formalizaranse en liña a través do seguinte formulario: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=lFv7iVNPckSwT1meaueKv9RhMMP_MyxNpWmpnn7zP0lUMTNaQ09FMzUxQlQ4U0RUNTFDN0dGTjZNOS4u.