O estadio municipal da Alta converterase en epicentro do VII Trofeo de Atletismo Barbanza no 19 de maio
O atletismo será o gran protagonista do calendario deportivo da Pobra do Caramiñal nesta fin de semana. No 19 de maio a atención concentrarase no estadio municipal da Alta, a partir das 10.30 horas, co VII Trofeo de Atletismo Barbanza.
A este respecto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, afirma que se trata dun evento deportivo que “destaca pola súa vistosidade e o nivel dos e das atletas, polo cal está asegurada unha competición de calidade.” Organizado polo Concello da Pobra do Caramiñal, coa colaboración da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA), esta cita acada maior relevancia en 2024, segundo engade o edil, ao coincidir co 40.º aniversario do ente deportivo, “que é un importante axente dinamizador da vida deportiva da nosa localidade.”
Reunirá as probas de triplo salto (da sub-16 en diante), lanzamento de peso (a partir da sub-16), disco (da sub-16 en diante), xavelina (a partir da sub-16) e metros lisos en distintas distancias, dende a sub-8 á absoluta. Estímase que a participación supere as/os 250 atletas, se ben as inscricións de balde continúan abertas ata as 20.00 horas do mércores 15 na páxina web https://sdp.rfea.es//.
Os premios consistirán en trofeos e medallas.