Adxudicada a fase III da reforma integral do Camiño Real
O Concello da Pobra do Caramiñal informa da adxudicación da fase III da reforma integral do Camiño Real, no treito que corresponde co Conchido.
O proxecto inclúe a creación dunha rede separativa de recollida de augas pluviais e de saneamento, cos respectivos pozos de rexistro e sumidoiros necesarios. Disporase de diversos bombeos que canalizarán as verteduras cara á estación depuradora de augas residuais da Pobra. Finalmente, reporase todo o firme con aglomerado asfáltico, logo da fresadura do pavimento actual.
Presentáronse 3 ofertas a este proceso e a intervención recaeu en Eulogio Viñal Obras y Construcciones, S.A., por un importe total de 90 512’61 euros, cos impostos incluídos.
Estímase un prazo de execución de 4 meses a partir do comezo das obras.