Autobús á manifestación contra o proxecto de Altri do 15 de decembro
A manifestación contra o proxecto da macrocelulosa de Altri terá lugar no domingo 15, en Santiago de Compostela.
Para facilita-la asistencia da veciñanza de Barbanza Arousa, hai autobús á súa disposición. No caso concreto da Pobra do Caramiñal, sairá ás 10.15 horas das inmediacións da praza Alcalde Segundo Durán.
Reserva de prazas no teléfono de contacto 654697768.