
Aberto o prazo de pagamento do servizo de recolleita do lixo do segundo semestre, das taxas municipais e do IAE correspondente a 2024
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que xa está aberto o prazo de pagamento en período voluntario das taxas municipais, do imposto sobre actividades económicas (IAE) e do servizo de recolleita do lixo do segundo semestre do 2024. O dito prazo estenderase ata o 28 de febreiro de 2025 no caso da recolleita do lixo e do IAE e ata o 10 de marzo de 2025 para as taxas municipais.
Cómpre lembrar que a modalidade de cobranza muda con relación a como se viña facendo anteriormente. Deste xeito, pasa a ser mediante carta de pago. Así, as opcións para aboa-lo importe son as seguintes: achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, de 09.00 a 11.00 horas; ou nos caixeiros das entidades colaboradoras ABANCA e CaixaBank. Tamén se admite e recomenda ter feita a domiciliación bancaria.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.