
Cambio de data do Día do Deporte na Rúa
Debido á previsión meteorolóxica adversa, o Concello adiou a celebración do Día do Deporte na Rúa. O evento, previsto para o venres 29 de setembro, levarase a cabo o xoves, 4 de setembro, mantendo as mesmas localizacións e horario.
Ao longo do día, desde as 11.30 ata as 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, diferentes espazos da localidade, como a praza Alcalde Segundo Durán, as pistas deportivas do Castelo ou a praia do Areal, acollerán actividades gratuítas e sen inscrición previa dirixidas a todas as idades. Entre as disciplinas que se poderán practicar atópanse o atletismo, artes marciais, fútbol 3×3, baloncesto, bádminton, remo, tenis, hóckey, tenis de mesa, voleibol, xadrez, parkour, ademais de inchábeis para os máis pequenos.
A iniciativa contará coa participación de representantes dos clubs locais, así como monitorado do departamento de Deportes, que se encargará de dirixir e dinamizar as diferentes actividades.




