Últimas Novas

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

A Agrupación de Concellos de A Pobra, Ribeira e Boiro vén de recibir unha subvención da Consellería de Politíca Social da Xunta de Galicia,  para a prestación de Servizos de Atención temperá, confinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

Con esta subvención mantense un Equipo multidisciplinar de Pedagoga-Coordinadora, Psicóloga e dúas Logopedas, que da cobertura a nenos/as con problemas no desenvolvemento ou risco de padecelos, de 0 a 6 anos, no marco da Rede Galega de Atención Temperá.

 

 

Servizo de Atención Temperá

Agrupación de concellos da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Boiro

As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.

O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.