
OLLADAS NA RÚA III
29 artistas na Pobra
Sábado 8 de setembro nos Xardíns Valle-Inclán (A Pobra) (Todo o día)
A arte tomará o sábado os Xardíns Valle-Inclán da Pobra. Un total de 29 artistas expoñerán as súas obras no marco da terceira edición de Olladas na rúa, unha exposición ó ar libre. Esta cita constituirá unha ocasión única para ter unha ampla visión do movemento artístico da comarca, posto que tódalas persoas participantes son da zona.
Participan nesta edición de OLLADAS NA RÚA III 10 escultores:
Ricardo Dávila, Manuel Teira, Jontxu Argibay, Roberto Figueira, Nuco Losada, Cayetano Sánchez, Platis, Gonzalo Sarasquete, Tucho Abalo e SonAgasallo.
Canto á pintura, son 18 as e os artistas que se suman a esta mostra: Alfonso Costa, Xoán Fernández, Paola García Paz, María Teresa González, Maralla, Amparo Fuentes, Antonio Pérez, Julia Gema Fdez. Plá, Amalia Costa, Javier Hermo, Xerardo Crusat, Che Tembra, Teresa Argibay, Lisardo Ageitos, M.ª José Puente, Antia Brey Aida López e Laprislazuli.