COWORKING CULTURAL
No próximo día 5 de maio dará comezo na Escravitude (concello de Padrón), O COWORKING CULTURAL, concibido para aqueles emprendedores/as e profesionais que buscan unha formación especializada na xestión de industrias culturais e creativas.
O Espazo Coworking é froito da colaboración entre EOI e a Fundación Paideia Galiza, que conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, o Ministerio da Industria, Enerxía e Turismo e a Fundación Paideia Galiza.
O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de abril de 2016. Podes solicita-la túa praza e consulta-lo programa no seguinte enderezo: www.eoi.es/es/espacios-coworking/padron/admision