
HOMENAXE A DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN
Sábado 29 de outubro, ás 12 h no Cantón da Leña, celebrarémo-la tradicional homenaxe a don Ramón María del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal; un escritor protagonista da literatura mundial que, por razóns familiares, biográficas e afectos, é Ilustre Fillo Adoptivo da localidade.
Entendido como continuación dos actos que se sucederán no país no día 28, en Vilanova de Arousa, berce do autor, e Santiago de Compostela, onde está sepultado, a este acto acudirán diversas representacións que depositarán a súa ofrenda floral diante do monumento a Valle-Inclán.
Intervirán a aula de gaita e percusión e as pandeireteiras da A. C. A Gandaina, xunto co grupo de baile e de pandeiretas Caramiñas, da Asociación de AA. de Casa da Pobra do Caramiñal.