
TÍTERES CACHIRULO
Hoxe, venres 28 de outubro, ás 20:30 h no teatro cine Elma, a compañía Títeres Cachirulo interpretará unha farsa para o público xuvenil e adulto.
No día en que se celebra a efeméride do natalicio de don Ramón del Valle-Inclán ofrécese unha montaxe escénica con dramaturxia baseada en diferentes textos célebres do propio autor: Farsa y licencia de la reina castiza, Farsa italiana de la enamorada del rey e Los cuernos de don Friolera. Trátase dunha primicia a nivel de país, pois esta estrea foi preparada a propósito do 150.º aniversario valleinclaniano por encargo directo dos seus museos.