
FESTEAR 2016
Festear 2016 na Pobra
No festival das artes escénicas Festear 2016, poderemos desfrutar, durante todo o mes de novembro no teatro cine Elma , coas obras das seguintes compañías: Ibuprofeno Teatro, Bradomín Teatro, Nó Teatro, Teatro No Aramio, Pinchacarneiro, Gargallada Teatro, Paso de Valverde. Por outra banda, a Revista Galega de Teatro fará na nosa vila a presentación da revista e da obra que editarán este trimestre.
Tamén se realizan, dentro da programación de Festear, accións formativas con tres obradoiros (fotografía, graffiti e produción audiovisual) para o alumnado do IES Pobra.
A programación comeza neste venres 4 coa presentación do evento e a actuación de Boquete (Manolo Boquete), que ofrece un espectáculo que mestura monólogo cómico e música, e rematará no domingo 27 de novembro cunha peza de teatro infantil a cargo de O Aturuxo de Melpómene.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal e subvenciona a Deputación da Coruña.