BRADOMÍN TEATRO
A compañía Bradomín Teatro, da Pobra, representará neste venres, 11 de novembro, ás 20:30 horas, no teatro cine Elma, a súa obra “As pretendentas do rei Centolo”, unha farsa sexual escrita e dirixida por Gustavo G. Dieste: unha divertida obra que contará coas actuacións de Manolo Blanco, Manuel Paisal, Mariló Ríos, Balbi Hermo, Milagros Vázquez, Balbi Diéguez e Aurora Sobrido.
Antes de dar comezo á actuación de Bradomín, ás 19.00 h levarase a cabo a presentación da Revista Galega de Teatro do outono de 2016 e, a seguir, a lectura dramatizada de “Diante do espello” a cargo de Fran Godón e Noelia Iglesias e de “A obediencia da muller do pastor” (faranas tres compoñentes do obradoiro de teatro adolescente), de Sergio Martínez Vila. Foi Premio Born (o máis importante do Estado) o ano pasado e son as dúas últimas obras editadas pola Revista Galega de Teatro.