
CINE NO NADAL, VENRES 23 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H. NO TEATRO ELMA “LA GRAN SEDUCCIÓN”
Esta comedia de humor é unha especie de Doctor en Alaska a maneira da escola de Full Monty.
Os habitantes dun pequeno pobo pesqueiro, Sainte-Marie-La-Mauderne, teñen que encontrar a un médico se queren que unha empresa construia unha fábrica na zoa. A tarea non é fácil, pero cando se enteran de que un xove médico vai pasar un mes no pobo todos os vecinos deciden facer o posible para que o atractivo do lugar lle resulte irresistible ao visitante e se quede con eles de forma permanente.