CABALGATA DE REIS DA POBRA DO CARAMIÑAL – XOVES, 5 DE XANEIRO DE 2017
No xoves 5 de xaneiro ás 17:30 h comezará o percorrido da cabalgata das súas maxestades os Reis Magos do Oriente do concello da Pobra do Caramiñal.
Este ano a comitiva troca o trazado do seu itinerario. Sairá nesta ocasión do polideportivo da rúa Venecia en dirección ó paseo dos Areos e cara á praza Alcalde Segundo Durán, na cal terá lugar a ofrenda ó Neno Xesús. A seguir, continuará o percorrido, que virará na rotonda da Covecha para dirixirse á casa consistorial, onde se levará a cabo a recepción oficial e as súas maxestades recibirán a tódolos nenos e nenas que queiran dirixirse a eles.