
Instalación dun novo depósito de auga no campo de fútbol de Cadreche
O Concello da Pobra do Caramiñal acaba de realiza-la subministración e instalación dun depósito de auga que abastece o campo de fútbol de Cadreche, debido á precariedade do existente. Con esta instalación tamén se trata de mellora-los servizos de subministración de auga para a instalación deportiva.
Esta obra levouse a cabo, economicamente, en parte mediante a convocatoria do programa de subvencións da Deputación da Coruña dirixida a concellos e entidades locais para a realización de investimentos deportivos, durante o ano 2016, e en parte con cargo ós orzamentos municipais.