Domingos a Escena – Domingo 15 Teatro Charamela presenta “Vaiche Boa…”
Bartola ten dúas fillas xemelgas desexosas de atopar noivo pero difíciles de “colocar”, polo que pon un anuncio bastante “goloso” no xornal para os tempos que corren. Entre outros moitos candidatos, acoden á chamada dous irmáns xemelgos, ambos no paro, acompañados do seu pai. Os xemelgos gustan moito ás irmás e comeza a odisea.