TITIRIELMA CON ESTEBAN ACUÑA E “O TRAXE NOVO DO REI” SÁBADO 18 DE FEBREIRO ÁS 18.00 H NO TEATRO ELMA
Esta narración ilustrada, baseada no conto de Andersen, utiliza títeres de boca, mesa e miniaturas.
Sinopse:
Un traxe especial, para un rei especial. O traxe novo prometía ser un capricho inigualábel e unha ferramenta perfecta para sabe-lo nivel de intelixencia dos habitantes da Corte. Pero, sería certo?, funcionaría?
Dalgún xeito si, pero non como el o esperaba.
Obra dirixida a nenos e nenas a partir dos 3 anos