
ASEMBLEAS VECIÑAIS
Este luns día 6 de marzo, iníciamos unha rolda de asembleas veciñais polas zonas rurais do concello.
A nosa intención é que todo veciño ou veciña teña oportunidade de achegar as suxestións que considere oportunas.
Serán unha primeira toma de contacto de cara á elaboración dos Orzamentos Municipais 2017.
Tamén se tratará na reunión calquera outro tema que sexa de interese para a veciñanza da zona ou para o concello en xeral.



