VISITA Á ILLA DE SÁLVORA
Domingo 9 de abril ás 11:00 horas un catamarán fará a ruta dende A Pobra do Caramiñal á illa de Sálvora, sita no concello veciño de Santa Uxía de Ribeira, illa que pertence ó Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Cada persoa deberá pagar 15 €. Para as menores de 12 anos é de balde. O prezo inclúe o traslado á illa e o dereito a asistir a unha ruta guiada por profesionais do Parque.
Haberá que leva-la comida e un calzado axeitado. A hora do regreso será ás 19:15 horas aproximadamente.
As prazas son limitadas. No caso de haber mal tempo, aprazarase a excursión e a quen non poida vir na data opcional devolveráselle os cartos. As persoas interesadas deberan face-la reserva no número de teléfono 680 733 990 ou a través da páxina web www.toursriasbaixas.com ou realiza-lo pagamento a través dunha transferencia bancaria.
Poden solicitar información no punto de información turística situado no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
Organiza a Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.