
"SOMOS XENTE HONRADA"
CINE GALEGO NA RÚA
Venres 9 de xuño ás 22.30 h no Cantón da Leña proxección de
SOMOS XENTE HONRADA
Rodada integramente na Coruña e os seus arredores, está dirixida por Alejandro Marzoa e interpretada por Miguel de Lira e Paco Tous como actores principais.
Trátase dunha comedia dramática que conta a historia de Suso e Manuel, dous pais de familia e amigos de toda a vida, quen non pasan polo seu mellor momento. Tras face-los 50 anos vense sen traballo e sen cartos e cando a situación é practicamente insostíbel produciuse un feito insólito: nun día de pesca, atopan un paquete con dez kilos de cocaína…
Non recomendada para menores de 12 anos.
Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.