
CINE GALEGO NA RÚA: “A PRAIA DOS AFOGADOS"
Venres 16 de xuño ás 22.30 h no Cantón da Leña proxección do filme
“A PRAIA DOS AFOGADOS”.
“A praia dos afogados” é un filme galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero e baseado no libro do mesmo nome de Domingo Villar. Rodado no Porto de Paxón, Nigrán, está interpretado por Carmelo Goméz, quen comparte elenco con numerosos actores galegos.
Argumento: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.
En caso de choiva a proxección levarase a cabo no teatro Elma.
Con esta proxección remata o ciclo de cine galego na rúa programada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co Programa Visións da Deputación da Coruña.