
CONFERENCIA – RECITAL A TORRE DOS VALLE BERMÚDEZ NO CARAMIÑAL
Sábado, 17 de xuño, ás 20:30 h
Auditorio do Museo Valle-Inclán
Conferencia e recital co gallo do 30.º aniversario da apertura ó público do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal. Carlos H. Fernández Coto, Antonio González Millán e Héitor Picallo Fuentes, cos seus saberes de arquitecto, documentalista histórico e investigador autor de debuxos arqueolóxicos, respectivamente, ofrecerán ó público a súa interpretación da torre dos Valle Bermúdez, un Ben de Interese Cultural, declarado Monumento Histórico-Artístico de Carácter Nacional, que alberga a colección patrimonial da primeira casa museo dedicada ó fausto céltico Valle-Inclán. Parte activa desta posta en valor do conxunto será a intervención de Marta Pedrosa Agra, poetisa do Barbanza, que ofrecerá unha escolma significativa das súas creacións.