
CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA 2017
Con motivo da Semana do Mar de 2017, vaise realizar un concurso de pintura rápida no vindeiro martes, 25 de xullo. O tema será “Estampas mariñeiras da Pobra do Caramiñal”. Os/as artistas situaranse en distintos puntos da fachada marítima da vila, de xeito que as persoas interesadas poidan facer unha ruta a pé para ver en acción os/as diferentes pintores/as.
Para máis información preme na seguinte ligazón: Folleto Concurso de Pintura Rápìda_2017